Skip to main content
Axenda CaducadaO Vicedo

A festa de Entroido do Vicedo será o sábado 25 febreiro

Por 20 Febreiro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de Santo Estevo do Vicedo organizan a festa de Entroido o sábado 25 febreiro coa colaboración do APA do Vicedo para a festa infantil.

A xornada festiva comezará ás 16.30 horas coa festa e inchables, ás 18.30 horas haberá actuación dun mago e xogos para os cativos. Xa pola noite, ás 21.30 será o desfile que contará con premios e coa presenza do Dúo Dvicio e a discomovil Eventec que amenizarán a noite e, en sendos descansos, farán o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos.

Ademais haberá unha pequena tirada de fogos de artificio ao rematar o desfile de adultos.