Skip to main content
Lugo

A Porta de San Fernando acolle hoxe un acto conmemorativo polo Día Mundial contra o Cancro

Por 3 Febreiro, 2023Sin comentarios

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro, este venres 3 de febreiro a Asociación Española Contra o Cancro organiza un acto conmemorativo na Porta de San Fernando ás 19.30.

Baixo o lema Todos contra o cancro esta iniciativa busca concienciar a sociedade e avanzar na prevención, diagnóstico e investigación co obxectivo de acadar un 70% de supervivencia.

Dende a asociación tamén teñen como obxectivo crear un movemento social para involucrar a persoas, empresas e institucións ao redor da loita contra o cancro.