Skip to main content
Lugo

Mellorados os accesos aos núcleos de Santa María Alta e Matelo

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os accesos as núcleos de Santa María Alta e Matelo acaban de ser mellorados pola área de Medio Rural aduxidicados á empresa Francisco Gómez y Cia SL por un importe de 76.410 €, que foron financiados con cargo aos fondos do Plan Único de Cooperación que o Concello de Lugo mantén coa Deputación Provincial.

O concelleiro, Miguel Fernández, sinalou que os labores realizados, que tiveron un prazo de execución de dous meses, incluíron a rexeneración do firme mediante aglomerado en quente, alén da limpeza de beiravías e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes.

“Trátase de obras coas que, dende o Executivo de Lara Méndez, queremos atender as demandas que nos traslada a veciñanza así como incrementar a seguridade viaria e a calidade de vida nas parroquias, favorecendo o asentamento poboacional a través da mellora das dotacións públicas e das infraestruturas municipais”, concluíu o edil.