Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Museo Provincial acolle un diálogo sobre Rosalía de Castro

Por 16 Febreiro, 2023Febreiro 17th, 2023Sin comentarios

O vindeiro mércores 22 de febreiro o Museo Provincial de Lugo celebra o Día de Rosalia cun acto ás 19.00. Diálogo de Saberes arredor de Rosalia de Castro contará coa participación de Marica Campo, Luz Darriba e Helena Villar Janeiro.

A benvida e presentación será a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo e a moderadora será Encarna Lago González.

Esta actividade forma parte do programa Encontros no Rural. Diálogo de Saberes, e inclúese no I Foro expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo que desenvolve unha ampla programación con propostas variadas ao longo do ano 2023 para e con todo tipo de comunidades.

A entrada a esta actividade é libre até completar aforo e para realizar a inscrición previa será necesario enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo: concertacionsrmp@mail.com