Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Acelera Pyme Rural estará en Láncara o vindeiro 15 de febreiro

Por 10 Febreiro, 2023Febreiro 11th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara acolle unha xornada de presentación Acelera Pyme Rural dirixida aos negocios do municipio.

O evento terá lugar o vindeiro mércores, 15 de febreiro, no salón de actos do Concello de Láncara e a partir das 13.30 horas.

A entrada é libre para quen queira participar.

O obxectivo desta iniciativa é informar aos negocios sobre como modernizar e dixitalizar a súa empresa para chegar a máis xente e axudarlles a mellorar e así asegurar a súa pervivencia.

Colabora a oficina Acelera Pyme, a Deputación de Lugo, o Concello de Láncara e o Goberno de España.