
O Sindicato Labrego Galego estará esta noite, 16 de febreiro, a partir das 21.00 horas na antiga escola de Láncara nun evento organizado por Val de Láncara.
Alí, explicarán como afecta a nova PAC 23-27 ás granxas dos gandeiros e os cambios que van vir con ela.
Así, falarase de novos pagos, conversión dos dereitos, ecorexímenes, condicionalidade reforzada, novas agroambientais, entre outros temas.
Para saber máis sobre esta charla gratuíta, pódese contactar co número 679 192 000.