Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Carballo Vivo de Friol celebra o 18 un desfile e unha cea de Entroido

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

A asociación Carballo Vivo de Friol reanuda a súa actividade coa celebración dun desfile e unha cea de Entroido o sábado 18 de febreiro.

O colectivo ten preparadas unha serie de actividades que comezarán ás 16.30 horas cunha concentración de entroidos no centro cultural de Carballo, que farán un desfile a partir das 17.00 horas polas rúas de Friol.

A xornada finalizará cun cocido no centro social de Carballo a partir das 21.00 horas. Para a cea é preciso apuntarse no correo carballovivo@gmail.com, neste enlace ou falando cun membro da directiva da asociación. O prazo é ata o 15 de febreiro e o prezo será de 2o euros, 15 para socios.