Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Brais das Hortas estará este sábado na casa museo de Manuel María

Por 1 Febreiro, 2023Sin comentarios

O auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 4 de febreiro, ás 17 horas, o espectáculo, para público infantil e familiar, Consertasso na horta“, de Brais das Hortas.

Grelos e temazos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudábel! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenoiras, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato ás viñas. E máis temazos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risos e ganas de cantar xuntas.

O prezo da entrada é de 2 euros. É necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621