Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A anpa do CEIP O Salvador da Pastoriza organiza este domingo un festival

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

A anpa do CEIP O Salvador organiza este domingo, 12 de febreiro, un musical no salón de actos do Concello.

A sesión dará comezo ás 16.00 horas e os asistentes están invitados a acudir disfrazados xa que se celebrará un desfile.

O prezo da entrada será de 5 euros pero os socios da anpa pagarán 3 euros.

Os interesados en asistir deberán anotarse no 659 032 194.