Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade ten o PXOM en fase de avaliación ambiental ata o día 22

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

O novo Plan Xeral do Concello de Rábade atópase en fase de avaliación ambiental estratéxica polo que está aberto un período de consultas e alegacións que pechará o próximo 22 de febreiro.

Os datos do Plan poden consultarse neste enlace e o obxectivo do mesmo é poder telo aprobado antes da data límite imposta polo contrata, que era en 2024.

As observacións e suxestións poderán ser formuladas a través do formulario informático habilitado na web deste órgano ambiental, a través do correo electrónico no avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal ou mediante escrito presentado na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións e suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.

O documento de alcance do estudo ambiental estratéxico que se formule tras o período de consultas remitirase ao promotor e ao órgano substantivo, xunto coas respostas ás consultas realizadas, e farase público no portal web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabraclave).

O Concello de Rábade adxudicou a Estudio Técnico Gallego, por un importe de 78.000 euros, a redacción do PXOM e de actualización da cartografía do municipio.

O prazo máximo de execución destes traballos urbanísticos é de catro anos, aínda que as estimacións municipais son de que esté rematado en dous anos.

Cando foi adxudicado xa había traballos avanzados de topografía, planimetría e inventario que foran executados para a elaboración do plan urbanístico que foi aprobado no ano 2008, unha norma que despois foi anulada polo Tribunal Supremo ao carecer dun informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.