Skip to main content
Barreiros

Barreiros pon en marcha un novo programa dirixido ás familias de persoas dependentes

Por 14 Marzo, 2023Marzo 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa dirixido ás familias de persoas dependente, co que se pretende dar ferramentas e coñecementos para as persoas que teñen que coidar das mesmas de xeito non profesional.

A través do Obradoiro de emprego Vilas Coidadoras que se desenvolve conxuntamente co Concello de Ribadeo e a través do módulo de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, poñen en marcha una serie de charlas e talleres nos que é se oferta un servizo de apoio a todas aquelas familias coidadoras de persoas maiores en situación de dependencia e a persoas maiores que vivan soas.

A primeira das xornadas terá lugar este mércores 15 de marzo, ás 11 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. Os primeiros talleres, que se desenvolverán no mes de marzo, abarcarán aspectos como a xestión das emocións e sentimentos, o consumo abusivo de fármacos e os recursos aos que as persoas coidadoras poden acudir en busca de información e axuda.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “este programa dá continuidade a outras iniciativas que se teñen realizado de apoio ás familias de persoas que precisan coidados, e que xa se realizaron nos últimos anos.” “O que se pretende é acompañar ás familias e poñer á súa disposición formación e recursos cos que afrontar situacións de dificultades asociadas a enfermidades que conlevan un desgaste nas persoas que coidan.”

Esta iniciativa ten prevista unha duración de cinco meses, durante os que se tentará extender a iniciativa noutras parroquias, en función da demanda que poida existir; segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga.

As persoas interesadas en participar nos talleres poden inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico ou números de teléfono: coidandoaocoidador@outlook.com / 672 279 169 (Vanesa Vilar) – 637 888 162 (Patricia Ladra).