Skip to main content
Trabada

Trabada adheriuse ao programa InecoRuraltic para contribuír a impulsar o medio rural a través da dixitalización

Por 12 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Trabada adheriuse ao programa InecoRuraltic, promovido dende o Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana co obxectivo de contribuír a impulsar o medio rural a través da dixitalización.

Desde o luns e durante 15 días, o concello acollerá diferentes actividades e iniciativas, con dous técnicos do ministerio que estarán aloxados nas vivendas rehabilitadas recentemente polo concello nas antigas escolas de Vilapercide e Trabadela.

A Casa da Cultura do Concello de Trabada acolle o vindeiro martes, 14 de marzo, os dous primeiros talleres de formación en novas tecnoloxías deste programa.

O primeiro dos talleres será o de Dixitalización Social, a partir das 11:00 horas, dirixido en especial a maiores e a mozos e mozas. A formación vai encamiñada a superar as barreiras tecnolóxicas, aumentar a súa autonomía persoal e reducir a fenda social.

A partir das 20:00 horas, o Taller sobre Dixitalización Económica estará dirixido ao sector empresarial de cara a fomentar a visibilización dos seus negocios e ofrecerlles liñas mestras para o desenvolvemento de páxinas web.

“Este programa encaixa dentro do obxectivo do Concello de Trabada de ofrecer á nosa veciñanza as ferramentas de formación que lles permitan competir e entender o eido dixital en igualdade de condicións, polo que animo ao tecido empresarial e aos veciños a participar”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.