Skip to main content
O Vicedo

O orzamento do 2023 do Concello do Vicedo é de 2,6 millóns de euros

Por 4 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello do Vicedo aprobou os orzamentos para este ano 2023 que ascenden a 2.690.000 euros e no que destacan o 807.079 euros que se destina a investimentos reais.

Dentro destas inversións destacan 548.580,51 euros para a renovación do alumeado público e 229.998,7 para o acondicionamento e mellora de vieiros. Tamén se destinarán 28.500 euros á expropiación de terreos necesarios para recuperar a servidume entre Os Castelos e a praia de Fomento.

O capítulo de gastos desglósase en 1.036.497,31 euros no gastos de persoal, 757.192 euros en bens e servizos, os financieiros suman 9.311,48 euros, e as transferencias corrientes 76.720.

Na sección de ingresos, que suma 2.690.000 euros, 868.223,67 euros son en impostos directos, 24.264,11 en indirectos, 229.260,93 en taxas, 930.382,76 veñen de transferencias correntes, 2.758,80 euros son ingresos patrimoniais e 635.109,73 son transferencias de capital.