Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Ourol organiza un encontro de maiores

Por 4 Marzo, 2023Marzo 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol organiza un encontro de maiores para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello, que terá lugar o domingo día 12 de marzo ás 14.00 horas no Restaurante Louzao (Area-Viveiro).

Este encontro que consistirá nun xantar amenizada por música en directo ten como obxectivo fundamental servir de espazo de encontro e relación entre os maiores do noso Concello.

A data límite para anotarse é o vindeiro xove 9 de marzo e o lugar de recollida de entradas será o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.

Para máis información haberá que dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar aos teléfonos 982 559 109 e 677 489 457.