Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo Sala clasifícase para a final da Copa Galicia

Por 31 Marzo, 2023Sin comentarios

O CD Lugo Sala vén de conseguir unha histórica clasificación para a final da Copa Galicia Masculina tras vencer ao Outeiro de Rei por un contundente 2-8.

O partido disputado no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei, cun gran número de público, chegaba ao descanso con vantaxa de dous goles para o CD Lugo cun resultado de 1-3.

Na segunda metade os albivermellos acabaron de impoñer o seu xogo e sentenciaron o partido por 2-8 cando os de Outeiro buscaban unha reacción con porteiro xogador.

O equipo de Dani Díaz conseguía así unha histórica clasificación para a Copa Galicia e continúan coa boa tempada que están a realizar cerca de materializar o seu primeiro posto no grupo 1 da segunda división B de fútbol sala nacional.

Na final os lucenses enfrontaranse ao Noia, que eliminou ao Parrulo Ferrol nas semifinais, nunha final que se disputará o mércores 17 de maio no pavillón Agustín Mourís de Noia.