Skip to main content
LugoMonforte

As Xornadas Pacegas confirmaron os museos provinciais como espazos de visibilización da historia das mulleres

Por 6 Marzo, 2023Marzo 8th, 2023Sin comentarios

A terceira edición das Xornadas Pacegas concluíron cunha sesión en liña no Museo Pazo de Tor de Monforte que confirmaron os museos provinciais como espazos de estudo e visibilización da historia das mulleres.

Estas xornadas, coordinadas pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, estiveron centradas na vida das mulleres durante a Idade Media e na incorporación dese legado aos proxectos de recuperación e posta en valor do patrimonio.

Coa referencia de tres mulleres ligadas á historia do patrimonio provincial, Catarina de Santiso, a San Paio de Narla, Constanza de Castro, a Caldaloba, e María Paz Taboada, as xornadas, deron continuidade ao traballo que se ven desenvolvendo desde os museos provinciais para socializar o coñecemento sobre a historia das mulleres, tanto nos proxectos de musealización como nas actividades didácticas ou culturais que se organizan ao longo do ano.

Na sesión de peche das xornadas que conectou os catro museos provinciais, visibilizáronse os distintos recursos didácticos e fondos artísticos que permiten achegarse á historia e ao patrimoino desde a igualdade.

Ademais, destacouse o proxecto Soterradas, que incorporou ao percorrido visitable dos museos de Tor e San Paio de Narla os espazos historicamente habitados polas mulleres que se ocupaban das tarefas domésticas e agrarias nesas propiedades.