Skip to main content
Lugo

A manifestación do 8M contará por primeira vez con dous finais

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

A cidade de Lugo acollerá este ano por primeira vez dúas manifestacións diferentes polo 8M, Día da Muller. A primeira, convocada por Feminismos Lugo 8M acolle baixo este paraugas aos colectivos Plataforma Feminista de Lugo, Aliad Ultreia, Arelas, asociación de familias de menores trans, Secretaria da muller da CIG, Área da Muller de EU, Comisión Acción feminista do BNG, Podemos Lugo, Avante LGTBIQ e Impunidade Carioca.

Este convocatoria centra este ano o foco “nun dos moitos e importantes frontes que se atopan abertos e que están a facer un dano irreparable en moitas vidas, especiálmente nas máis vulnerables, nas máis precarias, e principalmente, e como sempre, na vida das mulleres. Falamos dos servizos públicos, cada día máis menguados, máis limitados e máis deficientes”.

Dende Feminismos Lugo 8M saen hoxe a rúa baixo o lema “pola xustiza social para todas, servizo públicos feministas xa!” e fan especial fincapé “na urxente necesidade de dotar aos servizos públicos de medidas redistributivas que garanten a igualdad de oportunidades que permitan acabar coa fenda salarial das mulleres. Ano a ano vemos mermados os nosos dereitos polos recortes en aras dun despiadado afán capitalista que busca o benestar duns poucos a costa do sofremento de moitos miles. A sanidade, o sistema educativo, e mesmo a Xustiza, continuan a perdurar enquistadas nun sistema patriarcal, racista e transfóbico”.

Esta convocatoria terá lugar ás 20.00 diante da explanada da Xunta, para continuar en contra dirección dos vehículos pola Ronda da Muralla, subirá pola Rúa Teatro, e unha vez en Santo Domingo, baixará por Armañá seguindo por Conde Pallares e desembocando na Praza de Santa María, como se realizou outros anos para a lectura do manifesto que correrá a cargo da bióloga Cintia Folgueira Cobos e Montserrat Valcarcel profesora da USC Lugo.

As diferentes visións dentro do feminismo trae como consecuencia este ano, por primeira vez en Lugo, dúas manifestación diferentes. Ambas sairán ás 20.00 desde a explanada diante da Xunta pero o Foro Feminista Lugo, que se declaran como abolicionistas e feministas radicais rematarán a súa marcha na Praza Maior, onde leerán o seu manifesto. Así a través das súas redes sociais comunican que establecen como punto de encontro a porta falsa ás 19.30 para acudir de forma conxunta como bloque abolicionista á manifestación para despois separarse durante o recorrido e rematar na Praza Maior.