Skip to main content
Monforte

Uns obradoiros de artesanía serán impartidos en Monforte durante o mes de marzo

Por 3 Marzo, 2023Marzo 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte pon en marcha un programa de obradoiros de artesanía nos que os técnicos do sector artesán poderán transmitir o seu arte e axudar a comunicar o valor engadido dos produtos de artesanía.

Esta nova iniciativa ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer os oficios tradicionais coa intención de xerar interese na poboación e fomentar que xurdan posibles novos artesáns, aprendendo disciplinas tradicionais da man dun profesional que domine a técnica.

Os obradoiros serán de costura creativa, cestería, pintura, cosmética natural e barro.

O desenvolvemento dos obradoiros terá lugar no Local social de Ribas Altas, de Piñeira e na Praza de Abastos de Monforte e, dependendo do número de inscricións, os horarios poderán ser de mañá, de 10.00 a 12.30 horas, ou de tardes, de 16.30 a 19.00 horas.

Por outro lado, desde o Concello infórmase de que se organizarán grupos en función das idades, pero tamén serán interxeneracionais.

Estes cursos comezarán o 13 de marzo e as persoas interesadas teñen de prazo ata o 15 para poder inscribirse a través da oficina Promoción económica- Casitas Compañía Monforte a través dos números 698181551/982884775 ou ben a través do correo electrónico coa dirección: Emprego_pe@concellodemonforte.com.

Estos obradoiros son realizados ao abeiro do proxecto ‘Circuítos de artesanía e música galega’ do’ Programa Territorio Cultura, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resilencia do Regulamento (UE)2021/241. AGADIC.