Skip to main content
Monforte

A Festa das Meigas e do Estase Cocendo foron clausurados en Monforte esta fin de semana

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos do Concello de Monforte, José Luis Losada Fernández, estivo na clausura da XV edición de “Estase cocendo” e da “Festa das Meigas” en representación do alcalde e acompañado por José Manuel Mougán Sobredo, Concelleiro de Deportes.

Despois de recibir ás meigas no Parque dos Condes e tras facer un percorrido dende a Plaza de España, celebraron o aquelarre de Bruxas do 2023.

Este foi o lugar elixido polos organizadores deste evento gastronómico para nomear á meiga máis antiga e a máis nova.

José Luis Losada deulles a benvida ás meigas presentes e felicitounas por esta nova iniciativa animando a todo o mundo a participar nos próximos anos desta nova actividade que a organización quere afianzar e conseguir que se convirta tal e como pasou coa Feira Medieval, nunha cita máis das actividades lúdicas e culturais da cidade de Monforte.

O Concelleiro tamén quixo aproveitar para agradecer aos organizadores do “Estase Cocendo” o traballo realizado, xa que está considerado como un evento de gran importancia para a dinamización da hostelería de Monforte e como reclamo de visitantes á cidade do Cabe.