Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O circuíto de Outeiro de Rei volve acoller o VF Challenge Moto Race

Por 17 Marzo, 2023Marzo 20th, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, dará comezo no circuíto de Outeiro de Rei, en Robra, unha nova tempada das carreiras da VF Challenge MR nas modalidades de supermoto, minivelocidade, pitmotard, GP Sport e Supermoto.

A proba, organizada polo VFM Motoclub coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei será puntuable para o Campionato Gelgo de Minivelocidade.

Aínda que a apertura de portas é ás 8.30 horas, a competición iniciarase ás 10.00 e rematará ás 19.36 horas na xornada do sábado. O domingo están previstos os adestramentos cronometrados de 9.30 a 10.58 horas para continuar coas mangas ata as 15.30 horas.