Skip to main content
A Pastoriza

Organizan o sábado 25 unha cea baile en Bretoña

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de A Castiñeira, Castrillón, Seselle e Piñeiros, na Pastoriza, organiza o sábado 25 de marzo unha cea baile a partir das 22.15 horas, que se desenvolverá no pavillón de Bretoña.

Os asistentes poderán desfrutar dun xantar elaborado por Boavista con xamón cocido e chourizo, callos, churrasco, postre, café e chupito a un prezo de 25 euros para adultos e 15 para menores.

As tarxetas están á venda nos teléfonos 608 622 202 ou 650 293 691 ou na gasolinera da Pastoriza.

O baile estará ao cargo do dúo musical La Hora Bruja e de Aixa Romay.