Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acollerá unha nova edición do Campus Kingtela

Por 28 Marzo, 2023Sin comentarios

Do 1 ao 8 de xullo de 2023, a localidade de Mosteiro, no concello de Pol, acollerá a III Edición de Campus Kingtela.

Unha semana repleta de moito baloncesto, un equipo técnico de primeiro nivel, xogadores profesionais, actividades, noites temáticas, competicións, piscina… e dos irmáns Erik e Sergi Quintela.

Ademais haberá fiseoterapeuta, seguro e enfermería, e por suposto un servizo de bus entre Lugo e Mosteiro e viceversa.

O campus conta con dúas modalidades, interno e externo. A interna ten aloxamento, 5 comidas, veladas nocturnas, adestramentos nocturnos e activación matinal e todo por un prezo de 430 euros; e o réxime externo  son 3 comidas, a chegada é ás 10.00 horas e a saída ás 19.45 horas por 270 euros.

O campus terá descontos para os que se inscriban antes do 15 de abril no concello de Pol, de 50 euros para internos e de 30 para externos. A actividade está dirixida a rapaces e rapazas nados entre 2005 e 2016.

Haberá agasallos como a equipación completa (camiseta y pantalón) máis cubre, un diploma de participación, un póster oficial Campus Kingtela e variados sorteos e moitas máis sorpresas.