Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O Club Pádel As Pontes xogará o campionato de España tras quedar campión galego

Por 5 Marzo, 2023Sin comentarios

O Club Padel As Pontes proclamouse en Santiago campión galego da categoría Future. Agora serán os encargados, xunto a Smash Pádel 4 e Cedeira de desplazaranse ata Valencia para disputar o campionato de España, que se disputará entre o 9 e o 11 de xuño en Valencia.

O equipo logrou o seu pase no grupo masculino do Interseries dirimido en Ames. Será a segunda vez en catro anos que tomen parte nesta competición, lográndoo tras dobregar en semis así mesmo a un grupo do Pádel Sur (7-5) e no último choque ao Area Pádel por 9-3.

O equipo pontés está conformado por Gonza, Héctor, Santi, Cristian, Portas, Abel, Trujillo, Ale, Héctor Zurdo, Juanma, Marcos, Rubén, Miguel, Manito, Laury e Darío e na parte directiva están José, David, Carlos, Edu e Fonsi.

A meta para o equipo pontés será lograr unha das primeiras catro posiciones da fase final estatal, onde se verán as caras o mellores dezaseis conxuntos de toda España.