Skip to main content
As Pontes

Convocada unha masterclass de vento metal nas Pontes

Por 21 Marzo, 2023Sin comentarios

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha masterclass de vento-metal a cargo de Xabi Doural García, profesor do Conservatorio de Música Profesional da Coruña. Abordará catro instrumentos: trombón, trompeta, trompa e bombardino. A sesión desenvolverase o día 25, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8).

Hai dez prazas e os prezos son de 20 euros, para o alumnado do centro organizador; 40 para estudantes externos e 10 para quen acuda de oínte. Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes), a través de Instagram (@banda_escola_As Pontes) ou chamando ao número de teléfono 610 505 116.