Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo vai instalar un ascensor adicional no Centro de Día Residencia

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo vai instalar un ascensor adicional no Centro de Día Residencia que mellorará a accesibilidade deste edificio municipal e tamén o día a día das persoas usuarias e do persoal que traballa no centro, con capacidade para 54 persoas internas e 25 usuarios/as para o centro de día.

Tal e como se recolle no proxecto que foi redactado en agosto do ano pasado, o novo ascensor eléctrico –cuxa instalación non é obrigatoria pero si que é necesaria- estará situado no exterior, no centro da fachada leste do edificio; ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio.

Este elevador,  supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais, e está previsto que se execute con carácter inminente, agora que xa foi aprobada a liquidación do orzamento, trámite necesario para poder acceder ao remanente de tesourería.