Skip to main content
Ribadeo

Os baños da praias das Catedrais estarán abertos ata o luns 10

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

Os aseos da praia das Catedrais están en funcionamento ata o vindeiro luns, 10 de abril, segundo informou o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

O edil ribadense dixo: “desde a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo informamos que, como todos estes últimos anos, están abertos os baños da praia das Catedrais. Abriron o pasado sábado, día 1, e estarán en funcionamento ata o vindeiro luns, 10 de abril”.

Díaz Freije subliñou que “son uns baños modélicos tanto no uso como no servizo e están a disposición de todos aqueles visitantes que veñan ver a praia ou o entorno para que se acheguen a usalos. Como está contemplado na ordenanza, cóbrase un euro por cada uso”.

O concelleiro de Medio Ambiente fai unha chamada á concienciación cidadá para que todo o entorno das Catedrais se manteña o máis limpo posible: “que sexan todos benvidos esta Semana Santa a Ribadeo. Todo o mundo é benvido, tanto na Semana Santa como outros días, e pedímoslles que, por favor, fagan un bo uso de todos os espazos, que non deixen papeis, bolsas ou restos de comida espallados por toda a zona. Hai contedores para que todas e todos deixen o lixo neles. Que As Catedrais luzan ben é cousa de todos: do Concello, pero tamén dos visitantes”.