Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo critica a situación de “abandono do parque San Francisco”

Por 28 Abril, 2023Abril 29th, 2023Sin comentarios

A vicevoceira do grupo municipal popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia a situación de total abandono do parque San Francisco por parte do goberno do BNG. Desde o grupo popular solicitan, unha vez máis, unha inversión para o arranxo e acondicionamento das zonas afectadas no parque. Esta  actuación englóbase dentro das petición que o grupo municipal solicitou ao goberno do BNG nos últimos catro anos a través de rogos nos plenos do concello.

Sierra explica que, “como non podía ser doutra maneira, fixéronnos caso omiso ás nosas peticións, pero o que é peor, fixeron caso omiso ás familias que levan alí aos seus fillos”. Ademais, engade: “parece que o BNG vive en unha realidade paralela e están máis preocupados polas súas disputas internas que por xestionar día a día en Ribadeo. Descoñecen a realidade, en xeral do pobo, e en particular do parque San Fransciso”.

Neste sentido, a vivecoceira destaca que “un paseo polo parque é máis que suficiente para ver as condicións tan lamentables nas que se atopa o chan e equipamento. É unha vergoña que ao final as consecuencias páganas os nenos e as familias que fan uso do parque”. Por outra banda, Sierra resalta que “a este goberno cústalle moito escoitar aos veciños e investir, pero por desgraza como todos sabemos, non andamos moi sobrados de parques neste municipio”.