Skip to main content
Trabada

A IV Festa da Enfariñada contará co concerto de Luar na Lubre

Por 10 Abril, 2023Xuño 9th, 2023Sin comentarios

O domingo 7 de maio o Concello de Trabada terá unha das súas importantes celebracións, a Festa Gastrónomica da Enfariñada.

Esta cita, que chega a súa cuarta edición, dará comezo ás 12.00 horas haberá pasarrúas a cargo do Cuarteto Seimeiro, acto seguido, ás 13.30 horas, será a queda de Airiños da Freba, e xa pola tarde ás 16.00 horas, será a actuación de Luar na Lubre.

Durante a xornada os asistentes desfrutarán dun mercado de produtos locais de proximidade e por suposto do protagonista da cita, a enfariñada. Os asistentes poderán degustalo tal e como facían as avoas trabadenses lentamente e co cariño, desde ás 12.00 horas na praza do Concello.

Este prato tradicional está elaborado con torreznos, ovos, fariña e auga.