Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada insta ao Concello que “remita xa a documentación para a instalación dunha torreta de telecomunicacións en Fórnea”

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

O PP de Trabada explica que “a Xunta vén de autorizar a localización para a instalación dunha torreta de telecomunicacións na parroquia de Fórnea”. De feito, o Goberno galego notificoulle no día de hoxe ao Concello de Trabada a idoneidade dunha parcela municipal nesta parroquia.

Os populares explican que “esta execución se encadra dentro do plan que a Xunta activou en 2019 para mellorar a cobertura móbil en zonas especialmente illadas como é o caso de varios núcleos de Trabada”.

O portavoz, José María Fernández, pide ao goberno local que “dunha vez se adhira a este Plan e que remita xa a documentación de titularidade da parcela para formalizar o convenio co fin de mellorar o servizo de telefonía móbil e internet para os veciños e veciñas de Fórnea”.