Skip to main content
Becerreá

O PP de Becerreá presenta a súa candidatura para as eleccións de maio

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Becerreá, José Fernández Carrete, presenta a lista que encabezará para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio cunha candidatura renovada. Neste sentido, Carrete destaca a ilusión e as ganas de traballar do grupo que “está formado por persoas implicadas co proxecto e con Becerreá”. A lista está composta por xente con experiencia en distintos eidos que conxuga coas ideas que o candidato ten para o municipio.

O alcaldable aposta pola renovación a través de persoas “moi cualificadas e con moita vinculación co municipio pero tamén con xente que xa estivo na política municipal”. Neste sentido, Carrete alude ao número 6 da lista, Ramón Núñez Fontal, que foi primeiro tenente de alcalde durante a época do goberno do PP en Becerreá.

LISTA COMPLETA

A lista completa coa que a formación popular deste concello concorre ás eleccións municipais do 28 de maio é a seguinte:

Titulares:

  1. José Fernández Carrete – Bombeiro Forestal.
  2. Francisco Javier Fernández Fernández – Funcionario.
  3. Pascual Fernández García – Empresario.
  4. Raquel Fernández López – Enxeñeira técnica naval, axente de seguro e mestra de autoescola.
  5. Rocío Fernández Fernández – Empregada de cadea de alimentación.
  6. Ramón Núñez Fontal – Autónomo.
  7. Manuel González Vilela – Licenciado en ADE e membro do comité de dirección de NNXX na provincia de Lugo.
  8. Johanna Rodríguez Santín – Traballadora de incendios e estudante de Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural en Becerreá.
  9. José Luis Gutiérrez Díaz – Bombeiro forestal.
  10. Paula Fernández Fernández – Administrativa.
  11. Miguel Ángel Cela González – Enxeñeiro superior de montes.

Suplentes:

  1. José Fernández Armada
  2. Gerardo Fernández Fernández
  3. Sonia Prados Gómez