Skip to main content
Lugo

O MIHL acolle a primeira xornada do Ciclo de Industrias Musicais

Por 17 Abril, 2023Sin comentarios

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), organiza entre os meses de abril, maio e xuño de 2023 o VII Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais A produción musical en tres pasos. As 3 sesións, programadas en formato masterclass, abordarán a produción musical en tres pasos; a preprodución, o traballo previo a entrar no estudo; a produción, o traballo no estudo e o último paso, a posprodución, a mestura e o máster. Os relatorios, estarán acompañados dun showcase dunha banda ou artista emerxente galega.

O primeiro dos encontros, Paso 1 – Preprodución –¿ Gravamos? celebrarase o mércores 19 de abril no MIHL entre as 19.00h e 20.30h. Esta sesión contará coa participación de Juan de Dios Martín produtor musical que recibiu catro nomeamentos aos Grammy, dous aos americanos e outras dúas aos latinos. Tamén formou parte do Comité Executivo da sección de Los Ángeles do Audio Engineering Society, onde tomou a iniciativa para convertela na primeira sección bilingüe en Estados Unidos nos máis de 70 anos de historia da asociación. Helena Egea será o proxecto musical que participará ofrecendo un showcase en esta primeira sesión.

A inscrición para esta xornada é gratuíta e xa está aberta a través da web de Fundación Paideia Galiza.

Estas Xornadas buscan o intercambio, o debate e a reflexión entre as/os profesionais ligadas á industria musical, ofrecendo ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da a súa actividade emprendedora.