Skip to main content
Lugo

O IES Lucus Augusti acolle esta tarde a presentación do libro ‘Nós tamén temos historia’ realizado polos alumnos

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

O salón de actos do IES Lucus Augusti acollerá este xoves 20 de abril ás 19.00 horas a presentación do libro Nós tamén temos historia, no seu volume correspondente aos alumnos de 2º de ESO A e 3º de ESO B,C e D do curso 2021-2022.

Coordinado polo profesor Gaspar Méndez Fuentes, este é un libro que reflicte un pasado recente da nosa historia do que moitas veces non somos conscientes. Avós e avoas, bisavós e bisavoas dos alumnos participaron por convicción ou obrigados nunha guerra civil terrible, historias de boa e mala sorte, de persoas que sobreviviron a feitos terribles e outras que non o fixeron, foron pasando de pais a fillos, e netos, recolléndose nun documento que temos que considerar coma unha fonte histórica da nosa cidade.

Tamén se inclúen historias de persoas que se viron envoltas en acontecementos históricos doutros países, coma o golpe de estado de Augusto Pinochet, a guerra de independencia de Alxeria ou persoas que viron doutros países tras contendas coma a mesma II Guerra Mundial.

Historias de emigrantes retornados, ou doutros que non volveron xamais á súa terra. Persoas que perderon anos da súa vida loitando en guerras nas que se viron atrapados ou mesmo en cárceres coma a de Lugo, simplemente por ter ideas diferentes…

Como é costume do noso selo editorial a preparación, maquetación, impresión e distribución deste libro realizarase integramente en Lugo, xa que apostan polo local.