Skip to main content
Lugo

Ciudadanos presenta un plan para facer un Lugo 100% accesible

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

A alcaldable de Ciudadanos, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo, reuníronse coa Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo, Cogami, encontro co que culminaron un extenso programa de reunións co tecido asociativo da cidade vinculado con esta materia. Durante o encontro, os candidatos de CS comprometéronse a conseguir un Lugo 100% accesible no próximo mandato. Para iso propoñen medidas como acometer o necesario cambio normativo en urbanismo, dar unha maior dotación orzamentaria para accesibilidade e impregna todos os proxectos municipais cunha maior sensibilidade con esta causa.

“O primeiro gran obxectivo do noso plan é a completa eliminación das barreiras arquitectónicas da cidade. O avance nesta materia freouse nos últimos anos como así nos fan chegar desde distintos colectivos como Cogami ou Auxilia. Por iso é necesario aumentar as partidas económicas”, considera Louzao. “Tamén hai que dotar de ferramentas legais aos edificios do centro que se queiran adaptar creando e aprobando unha novo PXOM que permita a rehabilitación sen as restricións actuais. Os donos de locais teñen que contar co amparo legal para poder realizar modificacións en aras de conseguir locais e edificios completamente adaptados. Ata o de agora, a falta de normativa impídello”, continúa.

“É necesario loitar contra as barreiras cognitivas. Necesitamos unha páxina web municipal adaptada, cunha administración electrónica 100% accesible e documentos e trámites en linguaxe sinxela; un servizo de emerxencias a través de Whatsapp ou SMS e servizos de tradución á lingua de signos nos actos oficiais e a demanda dos usuarios”, afirma a concelleira. “A administración local debe facer moito ma´s para a integraión deste colectivo. Nos proxectos municipais a normativa obriga a que as empresas adxudicatarias teñan unha porcentaxe de persoal con algún tipo de discapacidade, isto non se está trasladando á práctica, cando sería unha forma directa de promover a súa contratación”, sinalou a alcadable.

En canto ao lecer, “é vital que as programacións culturais municipais estean expostas para todos os lucenses, apoiar con tradutores á linguaxe sordomudo, crear actividades sensoriais… e que todos os parques infantís da cidade sexan completamente accesibles, para que todos os nenos e nenas poidan gozar en igualdade de condicións”, asegurou. Nesta liña, CSpropone que o Gabinete de Accesibilidade conte cun técnico especializado neste ámbito, que sexa un especialista nesta materia e ao que se lle dote de ferramentas para loitar contra todas as barreiras existentes na nosa cidade.

Retroceso na zona centro

Cogami manifestou varios problemas que atopan os usuarios da organización no seu día a día, cos que Louzao comprometeuse a traballar de forma inmediata. Debido ás peonalizacións que se están levando a cabo polo centro da cidade, suprimíronse prazas de aparcamento reservadas, pero non se están repoñendo en lugares próximos, polo que os usuarios están a atoparse con graves problemas para estacionar. Nesta liña, tamén solicitan maior tamaño das mesmas. A instalación de bancos que non son accesibles, ao non contar cun respaldo nin con asideros que axuden a levantarse, é outro problema derivado da falta de previsión nestes proxectos de peonalización que é necesario emendar de forma urxente.