Skip to main content
Bóveda

A exposición ‘Invisibles’ do DomusVi de Bóveda terá carácter itinerante, percorrendo concellos

Por 16 Abril, 2023Abril 17th, 2023Sin comentarios

O Centro Sociocultural de Bóveda acolleu a clausura da mostra ‘Invisibles’, que terá carácter itinerante, empezando por expoñerse en Sober.

‘Invisibles’ xa estivo exposta do 25 de marzo ao 12 de abril no Centro Sociocultural de Bóveda e con ela pretenden visibilizar a beleza sen filtros de mulleres residentes na Domus Vi Bóveda.

A exposición nace a raíz do proxecto ‘Inmarcesibles’ do Concello de Sober sobre a beleza real feminina e está protagonizada por 14 mulleres con discapacidade da Domus Vi de Bóveda.