Skip to main content
Monforte

A XIII edición da Carreira Popular de Monforte foi todo un éxito

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

A XIII edición da Carreira Popular de Monforte rematou coa vitoria de Jorge Puig Malvar, en categoría masculina absoluta, e coa da deportista Edymar Breu Abreu, gañadora da absoluta feminina.

Pola súa parte, os mellores equipos das carreiras foron o Club de Atletismo de Ourense, Corredores do Miño, A Marea Azul e Atletismo Arenteiro.

Os atletas inscritos nas diferentes categorías da XIII Carreira Popular Concello de Monforte foron 1.132 persoas, o cal valorou positivamente o alcalde do municipio, que dixo que “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, que abarrotou a zona de saída e meta, na Compañía”.

Tomé subliñou que “seguimos recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, e unha gran noticia a gran participación nas probas de menores porque con estas actividades contribúese a que adquiran o hábito de practicar deporte e levar unha vida saudable”.

Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o alcalde estivo acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada; o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán; as concelleiras de Cultura, Marina Doutón; Muller e Igualdade, Margarita López; e Consumo, Regina López e o voceiro municipal do BNG, Emilio Sánchez.