Skip to main content
Monforte

Emilio Sánchez foi presentado como candidato á Alcaldía de Monforte nun acto con Ana Pontón

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG presentou ao candidato do partido en Monforte ás eleccións, Emilio Sánchez, que contou coa participación da portavoz, Ana Pontón.

Pontón definiu ao candidato como “sinónimo de coherencia, compromiso, entrega, traballo, coñecemento e ilusión” e recalcou que “Monforte precisa un tempo novo, pero tamén seguir buscando nos seus tesouros, aproveitando os seus recursos e desenvolvendo as posibilidades de futuro”.

A líder do Bloque deixou claro que Emilio Sánchez é “a aposta do BNG con experiencia e unha persoa que vai poñer sobre a mesa para construír un futuro mellor”.

En consonancia con isto, puxo sobre a mesa a xenerosidade e dedicación que caracterizan a Emilio Sánchez, presentándoo como “a persoa idónea para dar pasos firmes cara a un concello máis humanizado e deseñado a medida das persoas”.

“Un Monforte novo”

“Estamos nun concello que con Emilio na Alcaldía será un Monforte novo, cun PXOM actualizado, cunha zona histórica rexenerada, con máis oportunidades económicas, con mellores servizos e un rural con posibilidades para as persoas”, indicou Pontón, engadindo que “tamén se apostará por un turismo sustentable, que coide e poña en valor o rico patrimonio histórico e natural do Concello”.

Pontón quixo tamén poñer de exemplo o modelo transformador do BNG en concellos como Ribadeo, Foz, Muras, Pontevedra ou Allariz e indicou que “Monforte merece un goberno que crea nas súas posibilidades e traballe para desenvolvelas como fará o equipo que forma a candidatura encabezada por Emilio Sánchez”.

“É o momento de poñer ás persoas no centro, de mellorar a vida dos galegos e das galegas, de atender ás súas necesidades e de comezar a construír o País que queremos, concello a concello”, destacou, manifestando que “é o momento do BNG, de Emilio Iglesias e do seu equipo para facer que Monforte avance a partir do 28M”.