Skip to main content
Monforte

Este fin de semana Monforte acolleu a XIX edición da Feira Medieval

Por 10 Abril, 2023Sin comentarios

Este fin de semana volveu a celebrarse a Feira Medieval de Monforte na súa XIX edición para que os monfortinos recuperasen o seu pasado medieval.

Xa se preveían boas cifras de ocupación hostaleira debido ao bo tempo e confiaban en que a Feira Medieval fose un éxito, e así o confirmou a cantidade de xente que acudiu á feira e se implicou vestíndose con traxes medievais.

Na Feira, ademais de poder ver traxes, houbo postos de artesanía, comercio local e alimentación para dar a coñecer os produtos típicos de Monforte e da Ribeira Sacra, polo que os asistentes puideron desfrutar de diferentes opcións para o seu entretemento.

Ademais, no marco desta Feira Medieval, tiveron lugar tres concursos, o VII Concurso de Decoración de Balcóns, o VIII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros e o IX Concurso de Traxes Medievais, que deixou varios gañadores que se poden ver nas fotos e que foron premiados na Praza de España.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, afirmou que a Feira Medieval de Monforte “está cada vez mais preto de acadar as 20 edicións e que se recoñeza a súa condición de Feira de Interese Turístico de Galicia e tal e como afirmou José Tomé, “imos seguir traballando para poder celebrar todos xuntos ese acontecemento”.