Skip to main content
Monforte

O goberno local de Monforte festexou os actos tradicionais da Pascua

Por 12 Abril, 2023Sin comentarios

O alcalde de Monforte, diversos membros da corporación municipal, representantes institucionais, e dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado celebraron o Martes de Pascua.

Así, como é tradición dende finais do século XVI, tiveron lugar os actos das honras á Virxe de Montserrat, sendo día festivo en Monforte. D

A misa na honra da Virxe de Montserrat tivo lugar ás 11.00 horas na Igrexa da Régoa, dado que a Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo.

A eucaristía foi presidida polo párroco D. Rafael Mella e contou coa presencia das Camareras da Virxen, así como dos membros da súa cofradía.

Tras a celebración eucarística, tivo lugar unha procesión coa imaxe polo atrio da igrexa, e tras ela, o Alcalde de Monforte renovou os votos coa Virxe e procedeuse á bendición dos campos.

“Dende que son alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, hoxe Martes de Pascua, mantivemos esta centenaria tradición na que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto este día como o 15 de agosto, no que honramos a nosa patroa”, manifestou o rexedor monfortino.