Skip to main content
Monforte

Esperta Monforte presentou a súa candidatura ás vindeiras eleccións

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

A candidatura de Esperta Monforte para as vindeiras eleccións foi presentada nun acto público en Monforte, encabezada por Germán Vázquez.

“Esta candidatura representa a implicación na vida pública de xente normal cun proxecto que aposta polo ben común e un Interior Galego Vivo, non somos políticos profesionais”, explican desde a agrupación política.

O actual concelleiro da formación, Jaime German Vazquez encabeza a lista, formada por 17 persoas: Manuel López Martínez, Maribel García Diaz, María Teresa Rodríguez Rodríguez, Dositeo Pardo Losada, Zaira Vázquez Rodríguez, Andrés Gómez-Chao Fernández, Rocío González Figueiras, Óscar González Figueiras, Larisa González Grande, Alberto Álvarez Pollos, Graciela Taboada Mariño, Manuel Quiroga López, Yolanda Rodríguez Rodríguez, Nestor Hermida Rodríguez, Ana María Soto Sánchez e Marina Vidueira Franjo. Como suplente está María Carmen García Diaz.

Na presentación fíxose referencia á ilusión coa que se afrontan as vindeiras elección despois dun traballo de oito anosna corporacion municipal. “Os nosos concelleiros realizaron un labor de oposición democrática, presentando ducias de mocións, preguntas e rogos para o control e impulso do goberno municipal”, sosteñen.

Esperta Monforte considera máis necesaria que nunca a súa presenza na próxima corporación e acode coa ilusión de ser decisivos na formación do goberno para contribuír a solucionar os problemas que ten Monforte.

Así, “Esperta Monforte comprométese a elaborar un imprescindible PXOM, no contexto dun planeamento urbano integral que contemple a peonalización inmediata de Ponte Vella, defender o Malecón, ademais da defensa dos servizos e a sanidade pública, a creación de prazas de escolas infantís, a remunicipalización da auga, a piscina municipal e dotar de servizos de atención a maiores e dependentes.

Por último, tamén impulsa a defensa do medio rural dotándoo de acceso a transporte público accesible, así como unha defensa do patrimonio natural e medioambiental e un apoio ao deporte local de base e popular.