Skip to main content
Monforte

A rúa Doutor Casares de Monforte permanecerá pechada o martes por obras

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte vén  de informar de que o martes, 25 de abril, permanecerá pechado ao tráfico un tramo da rúa Dr. Casares con motivo de obras de mellora no subministro na rede xeral de auga que vai a realizar a empresa FCC Aqualia S.A. .

A rúa permanecerá pechada dende as 15.00 horas ata o remate das obras e a policía local puxo en marcha un dispositivo para regular o tráfico durante o tempo que duren as actuacións co obxectivo de ocasionar as mínimas molestias posibles aos veciños que viven e transitan pola zona de forma cotidiá.

Dende o Concello queren solicitar a colaboración dos veciños e veciñas das rúas afectadas cumprindo as instrucións da policía local durante o transcurso das obras de mellora da rede de auga e queren tamén pedir desculpas polas molestias que se poidan ocasionar no transcurso das mesmas.