Skip to main content
Monforte

O novo centro residencial de Prodeme en Monforte acolleu a visita de Fabiola García

Por 25 Abril, 2023Sin comentarios

Fabiola García visitou o novo centro residencial de Prodeme en Monforte de Lemos e outros servizos que esta entidade ten neste concello, onde puxo en valor o seu traballo e dedicación a favor das persoas con discapacidade e as súas familias.

A conselleira de Política Social e Xuventude sinalou a importancia de que a Xunta de Galicia colabore co tecido asociativo galego para poñer en marcha máis e mellores recursos para a atención á discapacidade a disposición das familias.

Neste sentido, agradeceu a Prodeme a súa ampla traxectoria apoiando aos veciños de Monforte.

O Goberno galego busca estar o carón das persoas con discapacidade desde o primeiro diagnóstico e ata a vida adulta. Para iso, apuntou, “é preciso poñer en marcha diferentes servizos que atendan a cada etapa vital das persoas con discapacidade, desde a atención temperá, pasado polo mundo educativo, o acceso ao emprego ou o ámbito dos coidados”.