Skip to main content
Sarria

Instalouse unha varanda na Rúa Liberdade para mellorar a seguridade da contorna de Sarria

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de informar de que instalaron unha varanda na Rúa Liberdade, na ponte sobre o río Celeiro, O Pequeno.

Isto faise co obxectivo de mellorar a seguridade na contorna do Hotel-Restaurante Roma.

Por iso, desde o goberno local piden que as persoas que pasen por ese lugar teñan coidado e “advertimos de que non é conveniente apoiarse mentres non se retiren as vallas de seguridade”.