Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acollerá o Campionato de España de Ciclocróss no ano 2025

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo aprobou na súa última reunión as data e a sede do Campionato de España de Ciclocrós de 2025: o lugar escollido é As Pontes, localidade que se gañou un oco dentro do corazón dos especialistas en ciclocrós trala cita celebrada no mes de outubro.

A Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última reunión a data e sedes do Campionato de España de Ciclocrós 2025. O Nacional de Ciclocrós 2025 celebrarase do 10 ao 12 de xaneiro de 2025.

Serán centos de participantes e de afeccionados os que visitarán a vila no mes de outono. Dende o Concello vese como un premio aos clubs locais que pelexaron por traer o campionato galego celebrado aquí, e que tan bo sabor de boca deixou na Federación Galega, gran defensora do circuíto das Pontes.