Skip to main content
Abadín

O centro de día de Abadín súmase ao programa de incubación de ovos da Galiña de Mos

Por 1 Abril, 2023Sin comentarios

O Centro de Día de Abadín, no que a maior parte dos usuarios e usuarias proceden dun entorno rural adicando a súa vida á agricultura e a gandería, sumouse ao proxecto da asociación Galiña de Mos no seu proceso para dar a coñecer esta raza nos centros educativos.

Así, de acordo coa Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, Avimós, fixeron unha charla divulgativa sobre a conservación e promoción da raza e instalouse unha incubadora artificial para ver crecer os poliños ao longo de todo o mes.

Acudiron a presenciar este momento os nenos do colexio Aquilino Iglesias, aos que os maiores lles leron un conto coñecido para eles con música incluida Cocorico.

Foi unha xornada moi positiva para todos na que compartiron un bizcoito para finalizar este reecontro tras moito tempo de restricións.

A semana seguinte asignaron responsabilidades para o coidado dos ovos, o mantemento da temperatura e da humidade adecuada, e a retirada das cascas cando nacesen. 21 días máis tarde asomaron os picos sendo día de festa no centro.

Foron 7 os nacidos en Abadín pero, posteriormente, o presidente da Asociación e o veterinario foron buscalos. De novo os nenos do colexio presenciaron este momento tan emotivo. Puideron collelos na man e coñecer as diferenzas entre un galo e unha galiña e visionaron un vídeo explicativo.

Esta visita supuxo o reanudar os contactos presenciais coa contorna, unha actividade moi valorado para os pequenos e para os maiores. Para finalizar esta xornada, intercambiaron unha manualidade realizada en ambos centros (ovos de Pascua de colores e pitiños de lá).