Skip to main content
Abadín

Abadín acolle un taller formativo do Servizo de Atención Temperá

Por 9 Abril, 2023Sin comentarios

O Servizo de Atención Temperá de Mondoñedo impartirá o día 12 de abril, mércores, un taller formativo sobre estimulación familiar pola familia.

A sesión terá lugar no concello de Abadín a partir das 16.00 horas e está dirixido a familias de nenos e nenas de entre 0 e 6 anos.

A charla está organizada polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño e o Concello de Abadín para os concellos de Abadín, A Pontenova, Barreiros, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Pastoriza, Pol, Trabada e Riotorto.