Skip to main content
A Pastoriza

As Mulleres Rurais da Pastoriza viaxan a Santander

Por 8 Abril, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza realizará os días 29 e 39 de abril unha viaxe cultural a Santander.

O programa daará comezo o sábado coa visita guiada ás Covas do Soplao, que terá unha duración de 50 minutos. Pola tarde está prevista unha visita a Comillas, que se completará cunha sesión de spa no hotel Milagros Golf.

O domingo visitarase pola mañá Santader e pola tarde a localidade de Potes de camiño de regreso.

A saída está prevista ás 6.30 horas diante do Concello da Pastoriza e a chegada o domingo ás 22.00 horas. O prezo será de 160 euros para socios e menores de 12 anos e de 185 para o resto. Neste pezo vai incluído o desprazamento, as comidas, as entradas, o spa e o hotel.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do luns 10 de abril a través de transferencia bancaria ou ingreso na conta da asociación.