Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol acolle o tradicional Raid internacional e o Campionato de España de hípica

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

Pol volverá converterse esta fin de semana na capital do Raid xa que acollerá varias pruebas do Campionato de España júnior puntuables para o ránking da Federación Internacional que se celebran este venres. A sesión está organizada polo Club Hípico Abalume e a Federación de Hípica Española.

Así, hoxe terá lugar o control previo a partir das 17.00 horas. A competición realizaranse o venres a partir das 7.30 horas e reunirá a un total de 35 participantes participantes de toda España.

A proba terá 120 quilómetros a completar en catro fases de 38, 33, 25 e 25 con 40 minutos de descanso entre cada unha. Trala entrega de trofeos, ese mesmo venres pola tarde iniciarase un novo control de cabalos para as tres probas internacionais que se celebrarán en Pol. Destas, una pertence á categoría júnior, de 100 quilómetros, e as outras dúas son sénior, unha de 100 quilómetros e outra de 120.

Para a realización desta competición, o Concello de Pol cedeu as súas instalacións do campo de fútbol Manuel Luna coa instalación de cuadras portátiles.