Skip to main content
As Pontes

Presentan na biblioteca das Pontes a obra de Marisa Castro Cerceda

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

A biblioteca das Pontes acolle este venres, ás 20.00 horas, a presentación do libo A saga das Curandeiras, de Marisa Castro. Na reunión estará a autora acompañada Miño Guerreiro, presidente da Asociación Micolóxica Poupariña, que presentará a obra.

A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.