Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O festival Entrepontes de Rábade pecha o cartel

Por 17 Abril, 2023Abril 18th, 2023Sin comentarios

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade pechou o cartel do Festival Entrepontes, o primeiro que se organiza na vila e que terá lugar o 13 de maio. Será unha cita coa música gratuíta para os asistentes.

A primeira confirmación do festival foi o grupo Ninghures, que levará á vial o seu fresh folk galego dentro da xira de presentación do seu novo album: Aquí.

Tamén estará Grande Amore, para cantarlle á festa e ao amor co seu estilo inspirado no rock, no pop e no techno dos 80s. Engádese tamén A Banda da Balbina, un grupo que non necesita presentación.

Como representantes do Celtic punk estarán tamén Tecor Societario aos que se suma Dos en Punto, un dúo que nos fará viaxar no tempo para cantar (ou berrear, cada un co seu) os éxitos do pop español de tódalas épocas.

Pecha o cartel Pacrispa DJ, que fará unha sesión cos mellores temas para que a troula continúe.

Segundo avanzou a organización, o festival contará cunha xornada chea de actividades na que consideran que será primeira edición dun festival que nace con aires de continuidade e aseguran que haberá máis sorpresas nas próximas datas.

Ademais, a organización do festival asegura que haberá acampada de balde no campo de fútbol Catro Ventos, situado moi preto do campo da festa, onde se vai desenvolver o festival.

Dende Festymas, organizadores do evento, están estudando a viabilidade de sacar rutas de autobús ao festival. As persoas interesadas poden solicitalo indicando desde onde van viaxar. Eles encarganse de contestar e, se é posible, sacarán a ruta adiante. Pode facerse a través de Instagram, Facebook, no whatsapp (744456490) ou por email (info@festymas.es).