Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba organiza unha andaina polo Paseo dos Soños este sábado

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Vilalba organiza un percorrido polo Paseo dos Soños que se desenvolverá o sábado 8 de abril, a partir das 11.00 horas.

Como din desde o partido, “trátase dun encontro para poñer en valor a cultura do noso pobo”.

Esta camiñada está aberta a toda a poboación e nela completarase todo o percorrido con parada nos distintos hectómetros.